36 Salón Internacional del Cómic de Barcelona

O 36 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, comenzará esta quinta feira día 12 e decorrerá até o domingo 15 de abril. Nesta edición ocupa un espazo duns 50.000 metros cadrados e conta con 180 expositores.

Este anos introdúcense novidades para ampliar o seu público, unha destas novidades é o espazo Comic Kids, unha gran área que da prioridade á divulgación da banda deseñada entre os máis cativos, e as familias; un espazo lúdico onde se aprender técnicas de debuxo, guión, leer cómics e xogar.

O programa de exposicións inclúe unha mostra dedicada aos 45 años de Superlópez, o popular superheroe creado por Jan, autor do cartel de esta edición e que, según Antoni Guiral, comisario xeral das exposicións, “ao longo de 60 anos de profesión demostrou ser un historietista excepcional”. O Salón do Cómic tamén lembrará as revistas españolas de cómics para adultos aparecidas entre 1978 e 1992 na mostra antolóxica Las revistas del boom del cómic (para adultos), que presentará o traballo tanto dos autores españois coma daqueles que se estableceron no estado e que protagonizaron “un fenómeno que cambiou a industria da historieta española”.

A exposición Jack Kirby, The King of Comics, repasará a traxectoria profesional deste autor norteamericano, que para Guiral é un “referente estético”; O comisario destaca o feito de contar con 31 orixinais “tendo en conta que é moi difícil reunilos”.

Outras mostras estarán dedicadas aos gañadores dos premios da pasada edición, coma a do Gran Premio do Salón del Cómic 2017, Josep Maria Martín Saurí, e a de Jamás tendré 20 años, de Jaime Martín, que gañou o premio á Mellor Obra de Autor Español do pasado Salón. Javi Rey, premio Autor Revelación, e o fanzine Paranoidland, Premio ao Mellor Fanzine, tamén terán sendas exposicións.

Entre os invitados deste ano están Vittorio Giardino, David Lloyd, Dave McKean, Jamie Delano, Fabrice Parne, Maliki, Liv Strömquist, Frank Pé, Miguel Díaz Vizoso, Ralf König, Dann Thomas, Kelly Sue DeConnick, Matt Fraction, Roy Thomas, Shea Fontana, Tillie Walden, Lorena Alvarez, Stan Sakai, Carlos Pacheco, David Rubín, Elisa McCausland, Esteban Maroto, Juan Díaz Canales, Kiko da Silva e Paco Roca.