Begoña García-Alén e Altar Mutante optan aos premios do 36 Saló de Barcelona

Begoña García-Alén e o fancine Altar Mutante son a representación galega nos premios do 36 Saló Internacional do Cómic de Barcelona, están nomeados nas categorias de autora revelación e mellor fanzine.

A pontevedresa foi nomeada polo seu traballo Nuevas estructuras, publicado por Apa Apa Cómics. Por outra banda o fanzine, dirixido por Álvaro López e Luis Sendón conta con colaboradores ben coñecidos na BD do país como Manel Cráneo, Xulia Pisón, ou Debelius, entre outro moitos, mais tamén con artistas internacionais coma Christian Giuseppe ou André Coelho. A publicación xa conta con seis números publicados.

Os premiados coñeceranse mañá, 13 de abril.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *