Convocado o 16º Certame de Cómic de Cangas

1 – Dirixido a xóvenes artistas non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2018. Establécense as seguintes categorías:

  • CATEGORÍA A: de 18 a 35 anos
  • CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos
  • VIÑETA XOVE: menores de 14 anos

2 – Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados en ningún outro certame ou concurso.

Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210mm x 297 mm).A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

3 – A presentación das obras pode facerse de xeito Individual ou conxuntamente entre guionista e debuxante, e poderán presentar tantas obras como o desexen, sempre dentro da categoría correspondente. Cada autor tan só optará a un dos premios.

4 – Os traballos presentaranse sen asinar, indicando no encabezamento o título ou seudónimo adoptado polo/a autor/a, e deberán ser enviados polo sistema de plica, é dicir, introducidos nun sobre pechado xunto con outro sobre de menor tamaño que conteña a fotocopia do N.I., nome e apelidos, enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico. Se a obra a foi realizada con ordenador, xunto ás páxinas impresas débese xuntar unha copia en soporte dixital (CD ou Pendrive). 0 tamaño mínimo debe ser DIN A4 a 300 ppp, en formato PDF en RGB ou CMYK. As páxinas deben estar claramente numeradas.

Poderán tamén enviar as obras por correo electrónico a xuventude@cangas.gal. A presentación será mediante un único correo que inclúa os dous documentos: o traballo en formato PDF e outro documento chamado PLICA con fotocopia do D.N.I., nome e apelidos, dirección postal, telefóno. A OMIX confirmará a recepción de orixinais e garantirá o tratamento confidencial do traslado dos traballos ao xurado.

5 – Os traballos deberán ser presentados antes do 28 de xuño de 2018 na Casa da Xuventude do Concello de Cangas (Rúa Real, 29 – 36940 Cangas – Pontevedra) ou xuventude@cangas.gal

Establécense os seguintes premios:

  • CATEGORÍA A: PREMIO 500 €
  • CATEGORÍA B: PREMIO 200 €
  • VIÑETA XOVE: PREMIO 100 €

7 – A organización non se responsabilizará de posibles danos ou extravíos das obras, que serán obxecto dunha exposición no 18° salón do Comic e Ilustración do 16 ao 22 de xullo.

8 – 0 xurado presidido polo Concelleiro Delegado de Mocidade e Voluntariado do Concello de Cangas, estará composto por persoas cualificadas neste campo artístico, 2 debuxantes, 1 técnico de cultura, recaendo a secretaría na técnica responsable de Xuventude. 0 Concelleiro delegado de área será o encargado de nomear aos membros deste tribunal. 0 xurado poderá declarar deserto calquera destes premios.

9 – Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do Concello de Cangas.

10 – As bases serán publicadas na web do Concello de Cangas, no facebook de Xuventude e a través da prensa

11 – A participación implica a aceptación destas bases.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Convocado o 16º Certame de Cómic de Cangas”