Unha historia de Vimianzo

O Concello de Vimianzo en colaboración coa Deputación da Coruña ven de editar Unha historia de Vimianzo, un libro ilustrado de Rubén Rial no que coñecemos a historia do concello desde o neolítico até a actualidade, percorrendo nunha liña temporal a vida dos homes e mulleres que habitaron ese territorio a partir dos achados arqueolóxicos e do patrimonio histórico.

Rubén contou coa colaboración do Técnico Municipal de Patrimonio, Manuel Rial como asesor e autor dos textos e a obra conta cun amplo traballo de documentación. Unha historia de Vimianzo está publicada en edición limitada e será distribuida polo propio Concello.

Rubén Rial é autor tamén de 1468, ambientada nas revoltas irmandiñas.

Fontes: QPC e Concello de Vimianzo.