Gropu, Gropu

Despois de tres anos de inactividade volven as Xornadas de Autoedición do Liceo Mutante, desta volta baixo o nome de GROPU GROPU.

A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa.

Os horarios:

Venres 6: de 18.00 a 22.00.

Sábado 7: de 18.00 a peche (sen pasarse tampouco).

Os Concertos:

-Tronco (Barcelona) / venres 6 ás 21.00.

 Tronco é un dúo fraternal formado por Fermí e a debuxante Conxita Herrero. Facturan un pop acústico sen florituras, como de campamento ou de fogueira, cunhas melodías preciosas e unhas letras tan sinxelas como aplastantes. Ide aprendendo as súas cancións se non as sabedes xa e o venres cantamos todas xuntas.

https://tronco.bandcamp.com/

-Meus (GZ/Portugal) / sábado 7 ás 21.00.

Alberto Cardona e Santi Z son dous grandes debuxantes, son moi queridos no Liceo e ademáis teñen un grupazo chamado Meus que sacou aí atrás un disco que é unha pasada, pura pasada, pura pasada ben pasada.

https://meus13.bandcamp.com/album/meus-2

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *