Viñetas desde o Atlántico 2018

Presentouse na Coruña a edición 2018 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que levantará o pano o luns 6 de agosto e fará da cidade unha gran banda deseñada até o domingo 12 de agosto.

O festival aborda a terceira década cun grupo de creadores que transitaron polas primeiras edicións de Viñetas como autores noveis e que hoxe son creadores consagrados e de importante traxectoria. Segundo Miguelanxo Prado, director do festival dende a súa creación: “É o caso de Emma Ríos ou David Rubín, nomeados en reiteradas ocasións aos premios Eisner, e tamén de Homs ou Munuera, hoxe indiscutiblemente consagrados, a todos eles, que teñen hoxe un lugar específico no mercado internacional, vímoslles medrar desde aquelas primeiras historias ata as máis recentes, cuxos orixinais se expoñerán nesta vixésimo primeira edición do Festival”. Hai que destacar nesta edición a importante presenza de autores galegos, Emma Ríos, David Rubín, Tirso Cons, Bea Lema e Xosé Tomás.

O autor do cartaz  é un dos creadores presentes nesta vixésimo primeira edición do festival, José Luis Munuera.

No trascurso de Viñetas, darase a coñecer ademais o autor ou autora galardoado co Premio Castelao de Banda Deseñada 2018 que concede cada ano a Deputación da Coruña.

Os convidadados son:

  • Ángel de la Calle.
  • Emma Ríos.
  • Mamen Moreu.
  • Belén Ortega.
  • José Luís Munuera.
  • Miguel Angel Giner.
  • Cristina Durán.
  • José Ramón Sánchez.
  • Tirso Cons.
  • David Rubín.
  • Josep Homs.
  • Xosé Tomás.

Tal e como é costume, o festival contará con obradoiros, presentacións editoriais e actividades que terán lugar na carpa ubicada nos Xardíns de Méndez Núñez, e a tradicional Feira da Historieta, así coma  numerosas exposicións en distintos espazos da cidade que continuarán abertas ao público varias semanas mais, até o nove de setembro.

EXPOSICIÓNS

KIOSCO ALFONSO

  • Ángel de la Calle.
  • Josep Homs.
  • Belén Ortega.
  • Emma Ríos.
  • David Rubín.

SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS PALEXCO

  • Tirso Cons.
  • Cristina Durán.
  • Mamen Moreau.
  • José Luis Munuera.
  • Xosé Tomás.

PALACIO MUNICIPAL DE MARÍA PITA

  • José Ramón Sánchez.

SALVADOR DE MADARIAGA

  • Bea Lema Rivera (XII Premio Castelao): O Corpo de Cristo.
  • Cómic independente en Galicia (comisariada por Rubén Romero).

TORRE DE HÉRCULES

  • Cartéis Viñetas desde o Atlántico.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *